A fiya del xastre
A fiya del xastre | |
---|---|
Fotograma da curtamentraxe A fiya del xastre. | |
Ficha técnica | |
Director | Marisa López Diz |
Guión | Marisa López Diz |
Baseado en | A fiya del xastre (relato) |
Intérpretes | Elsa Pérez García Jose Alberto R. Andreolotti Luis M. Suárez |
Música | Dúo Mestura |
Estrea | 31 de marzo de 2012[1] |
Duración | 18 minutos |
Orixe | Asturias |
A fiya del xastre é unha curtametraxe de 2011. Trátase do primeiro filme de ficción rodado en galego de Asturias.[2] Dirixiuno Marisa López Diz empregando lugares do concello de Grandas de Salime.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Trátase da historia dunha costureira que agocha nas pezas de roupa que confecciona herbas coas que conxurar a boa sorte e facer realidade os desexos da xente. Nunha ocasión acolle a un rapaz que non tiña onde pasar a noite e faille unha chaqueta cunha desas herbas. Ao día seguinte sábese a nova de que a Garda Civil anda na procura dun fuxido. Despois duns anos, a costureira recibe un día unha carta cunha soa palabra, "grazas".
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Elsa Pérez García: Filla do xastre
- Jose Alberto R. Andreolotti: Xastre
- Rodrigo Pérez González: Veciño do xastre 1, carteiro
- Lucía Sánchez García-Conde: Veciño do xastre 2
- María Luisa Rodríguez Álvarez: Veciño do xastre 3, Balbina
- Luis M. Suárez: Forasteiro
- Elena Pérez González: Veciño da tenda
- Avelino López Ledo: Veciño do barbeiro
- Marisa López Diz: Narradora
Guión[editar | editar a fonte]
Está baseado no relato homónimo de Marisa López Diz gañador do XVII Premio Xeira (2007) de narracións curtas.[3]
Recoñecementos e premios[editar | editar a fonte]
- Premio do público no I Certame de curtametraxes sobre cine rural en Saldaña (Palencia).[2]
- Premio á mellor curta rodada en Asturias “Ribadedeva en Corto” (2014).[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mera, R. "Estreno en Cangas del Narcea del cortometraje "A fiya del xastre", de Marisa López Diz". Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "“A fiya del xastre” premio del públicu nel 1º Certamen de curtiometraxes sobre cine rural de Saldaña". Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ Cascudo, T. ""A fiya del xastre", la historia galardonada de la costurera tejedora de buenos deseos". Consultado o 1 de febreiro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Presentación de A fiya del xastre en Onda Radio Televisión