Conversa categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (por tamaño)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Falta un artigo (e van...)[editar a fonte]

Pregaríalle á xente que está a traballar nos 1000 artigos que tiveran moito coidado cos marcadores pois non é doado dar co artigo que falta, xa non lembro cantas veces pasou isto. En fin, haberá que buscalo, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de decembro de 2014 ás 12:52 (UTC)[responder]

Pero é raro porque a categoría Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (por tema) ten os 1000 artigos (Van Gogh está como categoría pero aquí aparece o artigo), e se iso é así todos eses artigos teñen o modelo co que deberían estar aquí tamén... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2014 ás 13:24 (UTC)[responder]
Iso xa ocorreu a última vez que faltaba un artigo. Estaban os 1.000 por tema pero faltaba un por tamaño. Penso que se pode deber a que en por tamaño contabilízase automaticamente o artigo ao ter o marcador dos 1.000 artigos mentres que por tema non están asociados ao marcador. Supoño eu, non sei. Agora mesmo non me lembro cal era o artigo que faltaba a última vez, vouno comprobar na conversa do wikiproxecto. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de decembro de 2014 ás 14:05 (UTC)[responder]
Si, tes razón, a categoría por tema ponse a man, é independente do marcador. Entón o problema está en que nalgún artigo quitouse o marcador. Ó final para que non haxa máis líos quitei da categoría por temas a categoría de Van Gogh e púxena no artigo.
Xa revisei os da categoría de Arte e Lecer e vinos todos ben. Logo seguirei coa de Tecnoloxía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2014 ás 14:12 (UTC)[responder]
Non sigas Elisardo, xa está, retiro a petición de ter coidado. Xa non me lembraba de que a culpa é da Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB) que contabiliza un menos dos que hai nesa categoría. Xa o detectáramos o mes pasado (véxase a conversa do wikiproxecto), saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de decembro de 2014 ás 14:21 (UTC)[responder]
É certo, haberá que investigar por que pasa iso para que non nos líe para outra vez. Verei se o podo amañar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2014 ás 14:24 (UTC)[responder]
Nos volve faltar un!! sumando os que hai nas tres categorías sáenme 999!! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2015 ás 00:59 (UTC)[responder]
Non Piquito, están os 1000. Está explicado máis arriba, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de marzo de 2015 ás 20:04 (UTC)[responder]

Número de artigos[editar a fonte]

Levo varios días controlando o número de artigos de cada categoría e os que realmente hai. Para saber o número real de cada categoría facede o seguinte:

  • Sumádelle un artigo aos que indican as categorías de máis de 30 Kb e a de menos de 10 Kb
  • Restádelle un artigo ao que indica a categoría de entre 10 e 30 Kb

Sae a suma de 100 e ademais creo que os números de artigos así obtidos de cada categoría coinciden cos que dá a lista das wikipedias segundo os 1000 artigos. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 18 de setembro de 2015 ás 22:35 (UTC)[responder]

Eu o que fago é entrar en cada categoría e ir mirando os artigos que ten, pero tendo en conta só os artigos que ten na última páxina e sumándolle as páxinas que fun pasando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2015 ás 23:43 (UTC)[responder]
Pois non hai forma, nin co sistema de Xosé Antonio nin co meu dá ben o número de artigos por tamaño, por un sáenme 1002 e por outro 1003. E o problema é que nas categorías de artigos por tema o total sae ben. Banjo ti sabes por que estas categorías non indican correctamente o número de artigos que teñen? Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2016 ás 12:00 (UTC)[responder]
Non estou familiarizado con estas categorías, pero polo que vexo a categorización vai en función do tamaño que recibe {{1000}}. Sendo así, a inconsistencia no número de artigos sexa probablemente por cuestións de caché do servidor, ou algo semellante. Probablemente haxa 2-3 artigos que mudaron de tamaño e clasificación fai poucos días, polo que realmente están nunha categoría nova agora pero o servidor ten "cacheado" o número vello no total de cada categoría. Ao mellor editando tódolos artigos pódese forzar a que actualice, pero non estou seguro. Pola tarde faigo unha proba co bot se saco algo de tempo. Banjo tell me 7 de xaneiro de 2016 ás 12:56 (UTC)[responder]
Si, agora está totalmente descontrolado. Contando os artigos de cada categoría, como fai Elisardo, e sumándoos saen 1.002 artigos. A min ocórrese pensar que o problema pode estar no coeficiente 1,2 que se aplica ao tamaño dos nosos artigos para calcular o tamaño ponderado co que se fai a clasificación. Pode que haxa algún erro aí, pero son suposicións miñas. Non teño idea! --Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de xaneiro de 2016 ás 19:54 (UTC)[responder]
Penso que pode ser o que di Banjo en que sexa un problema coa caché do servidor, a ver se podes facer esa proba porque teño que actualizar as estatísticas e este mes xa leva varios días de atraso... Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2016 ás 09:51 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── O bot non funcionou. Borrar e recrear a categoría tampouco. Ou ben é cuestión da caché ou ben é pola conta de tamaño de páxina que fai o modelo. Banjo tell me 8 de xaneiro de 2016 ás 21:08 (UTC)[responder]

Outra volta un de máis[editar a fonte]

Eu paso xa de mirar cal sobra. A cousa é que temos 1001 artigos na lista e xa non lembro as veces que pasou, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 29 de abril de 2016 ás 16:10 (UTC)[responder]

Vou ver se o dou atopado. --Chairego apc (conversa) 29 de abril de 2016 ás 17:16 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Atopeino! O artigo en cuestión era Laila Pakalniņa. --Chairego apc (conversa) 29 de abril de 2016 ás 18:25 (UTC)[responder]
Grazas, Chairego, --Xosé Antonio (fálame sempre) 30 de abril de 2016 ás 20:55 (UTC)[responder]

Novo intruso[editar a fonte]

Acabo de botar contas e temos de novo un intruso. Alguén se anima a buscalo? --Chairego apc (conversa) 3 de xuño de 2016 ás 19:17 (UTC)[responder]

Chairego apc eu se conto polos artigos que hai dentro das categorías, non os que di a categoría que ten, se non entrando en cada categoría e mirando os artigos que ten ó final, e que non coincide co número de artigos que di que ten, dame 1000 artigos redondos, polo que penso que desta volta non hai intruso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 00:38 (UTC)[responder]
Grazas pola aclaración. A verdade é que leva a engano... por que non funcionará o reconto da categoría?? --Chairego apc (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 00:48 (UTC)[responder]
Pois é unha boa pregunta porque controlar esas categorías é unha lea, non sei o que pode pasar, a ver se un día lle pregunto a uns compañeiros de wp-es. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2016 ás 01:22 (UTC)[responder]

Falta un artigo (n-ésima vez)[editar a fonte]

Acabo de contalos e hai 999. Se alguén se anima a buscalo... --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de outubro de 2016 ás 21:42 (UTC)[responder]

Xosé Antonio, amañei o artigo Jawaharlal Nehru que tiña mal o modelo pero na categoría de Biografías seguen aparecendo 203 artigos cando deberían aparecer 204, pero creo que xa está amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2016 ás 00:04 (UTC)[responder]
Si, semella que xa está amañado. Grazas, Elisardo --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de outubro de 2016 ás 01:21 (UTC)[responder]
Tamén tiña mal a categoría o artigo de Xesús de Nazaret. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2016 ás 15:03 (UTC)[responder]

Temos un intruso outra vez. Quen se anima a atopalo??? --Chairego apc (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 14:27 (UTC)[responder]

En teoría non Chairego apc, se entras nas categorías e vas ata a última páxina de cada unha delas verás que o número de artigos non coincide co que pon a categoría, se sumas eses números da xusto 1000. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 21:16 (UTC)[responder]
Vaia, creo que xa é a segunda vez que me engana a categoría. Grazas de novo Elisardojm. --Chairego apc (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 21:20 (UTC)[responder]
É un lío, non sei por que non funciona ben dunha vez... :( Teño pendente preguntar sobre o tema pero..., está pendente... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 21:29 (UTC)[responder]

Artigos de menos de 10 Kb[editar a fonte]

Hay dous artigos que non están en ningunha das dúas subcategorías desta: hai 578 en máis de 30 Kb e 420 entre 10 e 30 Kb. Un deses artigos e Lingua coreana, debido a un cambio recente na lista dos 1 000 artigos, que ten menos de 10 Kb. O outro, en teoría, debería ser tamén algún de menos de 10 Kb, pero tamén podería ser que fose algún das outras subcategorías ou mesmo que non existise (menos probable). Coido que deberiamos crear de novo a Categoría de Artigos de menos de 10 Kb, aínda que poida estar baleira, para ter máis controlados estes cambios que se producen na lista. Eu non me atrevo a creala por non estar seguro de facelo ben. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de agosto de 2022 ás 10:37 (UTC)[responder]