Villagómez é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Rionegro, a 103 km de Bogotá. O nome de Villagómez é unha homenaxe ó párroco fundador Misael Gómez.
Polo ano 1926 comezou a formarse o casarío que logo se chamou Villagómez en homenaxe ó párroco de Pacho, presbítero Misael Gómez, quen foi o seu principal xestor e quen obtivo a cesión do terreo para a área de poboación. En 1936 foi erixido en correxemento. Por ordenanza No. 3 de 11 de xuño de 1942, cuxo proxecto foi presentado polo deputado Eduardo Patiño Bernal, creouse a Inspección Departamental de Policía de Villagómez en xurisdición de Pacho.