La Peña, oficialmente San José de La Peña, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Gualivá, a 140 km ó noroeste de Bogotá.
A vila india formouse por agregación de varios repartimentos no sitio chamado La Peña de Don Lope. Os seus poboadores orixinais foron os colimas. Nas monografías da Contraloría dáse o ano de 1675 polo da fundación da vila, que se formou por mor da construción da igrexa no mesmo sitio onde apareceu San Xosé, motivo polo cal, e ó estar nunha ladeira, déuselle o nome de San José de La Peña.