Josep Ramoneda
Josep Ramoneda i Molins, nado en Cervera (Lleida) en 1949, é un xornalista, filósofo e escritor catalán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en filosofía pola Universitat Autònoma de Barcelona. Foi profesor de filosofía contemporánea desta mesma universidade entre 1975 e 1990 e membro significativo do Colexio de Filosofía barcelonés, que modernizou o pensamento filosófico catalán durante a transición. Prologou en catalán libros de Michel Foucault, John Locke, Montesquieu ou Nietzsche para a colección Textos filosóficos, que dirixiu conxuntamente con Pere Lluís e Font. Actualmente é director xeral do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona ademais de columnista de opinión para xornais como El País ou colaborador de radio coa Cadena Ser.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ara.cat (ed.). "Josep Ramoneda i José Martí Gómez conversen sobre la censura" (en catalán). Consultado o 20 de marzo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El Dietario de Josep Ramoneda Arquivado 23 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. en Hora 25, na cadena Ser. (en castelán)