Cervera
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Ámbito funcional territorial | Ponent | ||||
Comarca | Segarra | ||||
Capital de | |||||
Capital | Cervera (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.453 (2023) (171,25 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 528 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 55,2 km² | ||||
Bañado por | Riu Ondara (en) e Sió river (en) | ||||
Altitude | 548 m | ||||
Comparte fronteira con | Tarroja de Segarra (pt) Ribera d'Ondara (pt) Montoliu de Segarra (pt) Granyena de Segarra (pt) Granyanella (pt) Estaràs (pt) Sant Ramon Les Oluges (pt) Torrefeta i Florejacs (pt) Els Plans de Sió (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jan Pomés (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 25200 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 25072 | ||||
Código territorial IDESCAT | 250729 | ||||
Páxina web | cervera.cat |
Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.
Demografía[editar | editar a fonte]
Entidades de poboación[editar | editar a fonte]
Entidades | Poboación (2005) |
---|---|
La Cardosa | 4 |
Castellnou d'Oluges | 52 |
Cervera | 8.817 |
Malgrat | 5 |
La Prenyanosa | 14 |
Vergós | 50 |
Evolución demográfica[editar | editar a fonte]
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
4.350 | 4.554 | 5.216 | 5.773 | 6.444 | 6.545 | 9.247 |
Comunicacións[editar | editar a fonte]
En Cervera enlazan o Eix Transversal (C-25) coa autovía A-2 de Madrid a Francia. Posúe tamén estación de ferrocarril (liña Barcelona-Lleida-Madrid).
Historia[editar | editar a fonte]
Converteuse en municipio en 1182, e en 1702 obtivo o título de cidade. Entre 1700 e 1715, no marco da Guerra de Sucesión española, Cervera posicionouse de parte de Filipe V e tras a vitoria borbónica converteuse na cabeza de correxemento e obtivo numerosos privilexios. Así, cos logo dos Decretos de Nova Planta estableceuse en 1717 a Universidade de Cervera (1717-1842). Os seus profesores converteron a cidade nun foco de revoltas e conspiracións absolutistas e carlistas na primeira metade do século XIX.
Logo da chegada dos liberais ao poder por mor da morte de Fernando VII en 1833, a Universidade de Cervera trasládase a Barcelona, así como a de Alcala de Henares trasladouse a Madrid para converterse en Universidade Central.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Praza Maior porticada
- Concello (Paeria), de estilo barroco
- Igrexa de Santa María, ss. XIV-XV, de estilo gótico
- Antiga Universidade de Cervera, de estilo neoclásico
- Igrexa románica de Sant Pere o Gros, de planta circular, nos arredores da cidade.
- Museu do Blat i a Pagesia
- Museu Duran i Sanpere, arqueolóxico e de historia local.
- Monumento á Generalitat de Catalunya
- Carreró de les Bruixes
En Vergós[editar | editar a fonte]
- Castelo
- Igrexa da Magdalena
- Igrexa de Santa María
Festas de interese[editar | editar a fonte]
- Santo Antóno Abade, 17 de xaneiro
- Cantada de Completes, 5 de febreiro
- Festa Maior do Santísimo Misterio, 6 e 7 de febreiro
- A Paixón, meses de marzo e abril
- Festa de Sidro Labrego, 15 de maio
- Sant Magí, 18 e 19 de agosto
- Festa da Aquelarre, última fin de semana do mes de agosto
- Festa Maior do Santo Cristo, 4º fin de semana de setembro
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cervera |