José López Domínguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1829 Marbella, España |
Morte | 17 de outubro de 1911 (81 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro 40°24′06″N 3°43′43″O / 40.401564, -3.728597 |
Presidente do Consello de Ministros | |
6 de xullo de 1906 – 30 de novembro de 1906 ← Segismundo Moret – Segismundo Moret → | |
Ministro da Guerra | |
6 de xullo de 1906 – 15 de outubro de 1906 ← Agustín de Luque y Coca (en) – Agustín de Luque y Coca (en) → | |
Ministro da Guerra | |
4 de novembro de 1894 – 23 de marzo de 1895 ← José López Domínguez – Marcelo Azcárraga Palmero → | |
Ministro da Guerra | |
12 de marzo de 1894 – 4 de novembro de 1894 ← José López Domínguez – José López Domínguez → | |
Senador de España | |
20 de marzo de 1893 – 17 de outubro de 1911 | |
Ministro da Guerra | |
11 de decembro de 1892 – 12 de marzo de 1894 ← Marcelo Azcárraga Palmero – José López Domínguez → | |
Ministro de Mariña de España | |
11 de decembro de 1892 – 14 de decembro de 1892 ← José María de Beranger y Ruiz de Apodaca – Pascual Cervera e Topete → | |
Deputado das Cortes | |
7 de febreiro de 1891 – 5 de xaneiro de 1893 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1891 en España | |
Deputado das Cortes | |
13 de abril de 1886 – 29 de decembro de 1890 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1886 en España | |
Deputado das Cortes | |
24 de maio de 1884 – 8 de marzo de 1886 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1884 en España | |
Ministro da Guerra | |
13 de outubro de 1883 – 18 de xaneiro de 1884 ← Arsenio Martínez-Campos Antón – Jenaro Quesada, 1st Marquis of Miravalles (en) → | |
Deputado das Cortes | |
30 de agosto de 1881 – 31 de marzo de 1884 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1881 en España | |
Deputado das Cortes | |
29 de abril de 1879 – 25 de xuño de 1881 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1879 en España | |
Deputado das Cortes | |
25 de febreiro de 1876 – 30 de decembro de 1878 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1876 en España | |
Capitán xeneral de Cataluña | |
20 de xullo de 1874 – 31 de decembro de 1874 ← Francisco Serrano Bedoya (pt) – Arsenio Martínez-Campos Antón → | |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
28 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais de abril de 1872 en España | |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
26 de abril de 1871 – 24 de xaneiro de 1872 Circunscrición electoral: Santa Cruz de Tenerife (en) Electo en: Eleccións Xerais 1871 en España | |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
14 de abril de 1871 – 16 de maio de 1871 – Ignacio Fernández de la Somera (pt) → Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1871 en España | |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Eleccións Xerais 1869 en España | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
3 de xaneiro de 1866 – 30 de decembro de 1866 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Spanish general election, 1865 (en) | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
30 de decembro de 1864 – 12 de xullo de 1865 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Spanish general election, 1864 (en) | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
12 de novembro de 1863 – 23 de xuño de 1864 Circunscrición electoral: Málaga Electo en: Spanish general election, 1863 (en) | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
15 de marzo de 1859 – 12 de agosto de 1863 ← Antonio Cánovas del Castillo Circunscrición electoral: Málaga | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , militar |
Partido político | Unión Liberal Partido Liberal Fusionista |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Revolución de 1868, Revolução Cantonal (pt) e Guerra Hispano-Marroquina (pt) |
Familia | |
Parentes | Francisco Serrano Domínguez (tío) |
Premios
| |
José López Domínguez, nado en Marbella (Málaga) o 29 de novembro de 1829 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1911, foi un militar e político español. Ocupou a presidencia do goberno dende o 6 de xullo de 1906 ó 30 de novembro de 1906.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como tenente de artillaría tomou parte no pronunciamento de Leopoldo O'Donnell en 1854. Pertenceu á comisión militar española que acudiu á guerra de Crimea e participou nunha misión en Italia durante a guerra con Austria de 1859. Loitou na guerra que España sostivo contra Marrocos en 1859-1860, acadando o grao de coronel.
Afiliado ó partido moderado da Unión Liberal, foi elixido deputado a Cortes en varias lexislaturas. Parente do xeneral Serrano, participou con el na Revolución Gloriosa de setembro de 1868. Acompañouno na batalla de Alcolea, na que os lealistas de Pavía foron derrotados e grazas á cal ascendeu ó xeneralato.
Foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1869. Constituído o goberno provisorio con Serrano como rexente e Prim como presidente do goberno, foi nomeado subsecretario da presidencia, e logo secretario da rexencia.
En 1871 ascendeu a mariscal de campo e Amadeu I nomeouno o seu axudante militar. Elixido xefe do exército do Norte, loitou contra os carlistas en 1873. Ese mesmo ano Emilio Castelar chamouno para que sitiara Cartagena, sublevada polos cantonalistas. Unha vez rendido o cantón polas disensións internas dos seus xefes regresou ó norte e liberou Bilbao, sitiado polos carlistas.
En 1874, tras o golpe de estado de Pavía, e sendo de novo Serrano xefe do poder executivo, foi capitán xeneral de Cataluña.
Coa restauración borbónica entrou no Partido Liberal Fusionista de Sagasta, separándose del cando Serrano fundou o partido Izquierda Dinástica. Ocupou a carteira do Ministerio da Guerra en 1883 con Posada Herrera. Logo do Pacto do Pardo achegouse a Francisco Romero Robledo con quen formou en 1886 o Partido Liberal-Reformista.
En 1888 iniciou unha nova aproximación a Sagasta, sendo de novo ministro da guerra con el de 1892 a 1895. A chamada guerra de Melilla beneficiouno cun ascenso a capitán xeneral.
Membro do Senado por Málaga e por dereito propio ocupou a presidencia desta cámara ata. En xullo de 1906 foi finalmente nomeado presidente do goberno nun gabinete apadriñado por José Canalejas e os sectores máis esquerdistas dos liberais. No comezo do seu mandato ocupouse inicialmente da carteira do Ministerio da Guerra ata que se fixo cargo dela Agustin de Luque y Coca. Combatido duramente por membros do seu propio partido, cando apenas levaba catro meses no desempeño do cargo, foi derrubado por unha manobra pouco honesta de Segismundo Moret.
Tras a súa dimisión viviu apartado da política. Finou en 1911.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil Biográfico na Web da Presidencia do Goberno Arquivado 23 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
- Expediente Persoal no Senado