Antonio Cánovas del Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Cánovas del Castillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1828 Editar o valor em Wikidata
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1897 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Mondragón, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio
magnicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor em Wikidata
Deputado das Cortes
20 de abril de 1896 – 8 de agosto de 1897
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado das Cortes
18 de abril de 1896 – 27 de xullo de 1896 – Francisco López Chicheri (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Albacete

Presidente do Consello de Ministros
23 de marzo de 1895 – 8 de agosto de 1897
← Práxedes Mateo SagastaMarcelo Azcárraga Palmero →
Deputado das Cortes
15 de xuño de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado das Cortes
12 de marzo de 1893 – 7 de febreiro de 1895 – Kaulak →
Circunscrición electoral: Murcia

Presidente do Consello de Ministros
23 de novembro de 1891 – 11 de decembro de 1892
← Antonio Cánovas del CastilloPráxedes Mateo Sagasta →
Ministro de Mariña de España
5 de novembro de 1891 – 23 de novembro de 1891
← José María de Beranger y Ruiz de ApodacaFlorencio Montojo →
Deputado das Cortes
10 de febreiro de 1891 – 5 de xaneiro de 1893
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado das Cortes
7 de febreiro de 1891 – 8 de maio de 1891 – Kaulak →
Circunscrición electoral: Murcia

Presidente do Consello de Ministros
5 de xullo de 1890 – 23 de novembro de 1891
← Práxedes Mateo SagastaAntonio Cánovas del Castillo →
Deputado das Cortes
12 de abril de 1886 – 29 de decembro de 1890
Circunscrición electoral: Murcia

Presidente do Congreso dos Deputados
26 de decembro de 1885 – 8 de marzo de 1886
← Francisco de Borja Queipo de Llano, 8th Count of Toreno (en) TraducirCristino Martos →
Deputado das Cortes
24 de maio de 1884 – 14 de xuño de 1884 – Máximo Cánovas del Castillo →
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado das Cortes
24 de maio de 1884 – 8 de marzo de 1886
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente do Consello de Ministros
18 de xaneiro de 1884 – 27 de novembro de 1885
← José de Posada HerreraPráxedes Mateo Sagasta →
Deputado das Cortes
27 de setembro de 1881 – 31 de marzo de 1884
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado das Cortes
30 de agosto de 1881 – 31 de marzo de 1884
Circunscrición electoral: Málaga

Deputado das Cortes
29 de agosto de 1881 – 31 de marzo de 1884
Circunscrición electoral: Murcia

Ministro de Estado de España
25 de outubro de 1880 – 22 de novembro de 1880
← José ElduayenJosé Elduayen →
Ministro de Gobernación
19 de marzo de 1880 – 7 de abril de 1880
← Francisco Romero RobledoFrancisco Romero Robledo →
Ministro de Estado de España
20 de xaneiro de 1880 – 19 de marzo de 1880
← Francisco de Borja Queipo de Llano, 8th Count of Toreno (en) TraducirJosé Elduayen →
Presidente do Consello de Ministros
9 de decembro de 1879 – 8 de febreiro de 1881
← Arsenio Martínez-Campos AntónPráxedes Mateo Sagasta →
Deputado das Cortes
28 de abril de 1879 – 5 de novembro de 1879
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado das Cortes
27 de abril de 1879 – 25 de xuño de 1881
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Ministro de Ultramar
4 de setembro de 1878 – 21 de outubro de 1878
← José ElduayenJosé Elduayen →
Ministro de Ultramar
10 de xaneiro de 1878 – 12 de febreiro de 1878
← Cristóbal Martín de Herrera (en) TraducirJosé Elduayen →
Ministro de Facenda
22 de xuño de 1876 – 25 de xullo de 1876
← Pedro SalaverríaJosé García Barzanallana →
Deputado das Cortes
9 de marzo de 1876 – 17 de marzo de 1876
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado das Cortes
18 de febreiro de 1876 – 30 de decembro de 1878
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Ministro de Mariña de España
16 de febreiro de 1876 – 20 de marzo de 1876
← Santiago Durán y LiraSantiago Durán y Lira →
Ministro da Guerra
16 de febreiro de 1876 – 20 de marzo de 1876
← Francisco de Paula Ceballos y Vargas (en) TraducirFrancisco de Paula Ceballos y Vargas (en) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
2 de decembro de 1875 – 7 de marzo de 1879
← Joaquín Jovellar SolerArsenio Martínez-Campos Antón →
Ministro de Graza e Xustiza
31 de xullo de 1875 – 19 de agosto de 1875
← Francisco de Cárdenas EspejoFrancisco de Cárdenas Espejo →
Ministro de Mariña de España
9 de febreiro de 1875 – 8 de xuño de 1875
← Mariano Roca de Togores CarrascoSantiago Durán y Lira →
Ministro da Guerra
18 de xaneiro de 1875 – 10 de febreiro de 1875
← Joaquín Jovellar SolerJoaquín Jovellar Soler →
Presidente do Consello de Ministros
9 de xaneiro de 1875 – 12 de setembro de 1875
← Práxedes Mateo SagastaJoaquín Jovellar Soler →
Q65941941 Traducir
31 de decembro de 1874 – 13 de febreiro de 1875
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
30 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
17 de xullo de 1871 – 2 de outubro de 1871 – Pedro Pagán Ayuso (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
13 de abril de 1871 – 24 de xaneiro de 1872
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
3 de abril de 1867 – 6 de decembro de 1868
Circunscrición electoral: Málaga

Ministro de Facenda
28 de maio de 1866 – 10 de xullo de 1866
← Manuel Alonso MartínezManuel García Barzanallana (en) Traducir →
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
6 de marzo de 1866 – 14 de marzo de 1866
Circunscrición electoral: Murcia

Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
3 de xaneiro de 1866 – 30 de decembro de 1866
Circunscrición electoral: Málaga

Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
3 de xaneiro de 1866 – 14 de marzo de 1866
Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Ministro de Ultramar
21 de xuño de 1865 – 10 de xullo de 1866
← Manuel Seijas Lozano (pt) TraducirAlejandro de Castro Casal →
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
30 de decembro de 1864 – 12 de xullo de 1865
Circunscrición electoral: Málaga

Ministro de Gobernación
1 de marzo de 1864 – 16 de setembro de 1864
← Antonio Benavides Fernández de Navarrete (pt) TraducirLuis González Brabo y López de Arjona →
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
11 de novembro de 1863 – 23 de xuño de 1864
Circunscrición electoral: Málaga

Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
15 de xaneiro de 1859 – 12 de agosto de 1863
Circunscrición electoral: Málaga

Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
6 de decembro de 1858 – 27 de xaneiro de 1859 – José López Domínguez →
Circunscrición electoral: Málaga

Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
13 de novembro de 1854 – 2 de setembro de 1856
Circunscrición electoral: Málaga

Deputado a Cortes no reinado de Isabel II

Circunscrición electoral: Murcia

Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , diplomático , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJoaquina de Osma y Zavala (1887–1897)
María de la Concepción Espinosa de los Monteros (1860–1863)
IrmánsJosé Cánovas del Castillo, Máximo Cánovas del Castillo e Emilio Cánovas del Castillo Editar o valor em Wikidata
ParentesJoaquín José de Osma y Ramírez de Arellano (sogro)
Kaulak (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
8 de agosto de 1897Asasinato de Cánovas del Castillo Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 45262 Find a Grave: 10501290 Editar o valor em Wikidata

Antonio Cánovas del Castillo, nado en Málaga o 8 de febreiro de 1828 e finado en Arrasate (Guipúscoa) o 8 de agosto de 1897, foi un político e historiador español coñecido principalmente polo seu apoio á Restauración borbónica de 1874 e por converterse no máximo dirixente dos conservadores no "sistema de quendas" por el establecido. Foi presidente do goberno español nos períodos 1874-1875, 1875-1879, 1879-1881, 1884-1885, 1890-1892 e 1895-1897.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reinado de Isabel II[editar | editar a fonte]

Cánovas iniciouse en política ao pouco de se trasladar a Madrid, a finais dos anos corenta. Integrouse no grupo dos puritanos, unha facción dos liberais moderados partidaria do entendemento cos progresistas. A inicios dos anos cincuenta, cando o gabinete de Bravo Murillo pretendeu afondar no autoritarismo que marcaba a política do Partido Moderado, os puritanos romperon co partido.[1]

Estes ligáronse, entón, aos grupos progresistas que preparaban a Revolución de 1854 e o propio Cánovas foi o redactor do "Manifesto de Manzanares",[2] redactado a petición do xeneral Serrano e asinado por Leopoldo O'Donnell, que deu orixe á revolución.[3] Próximo á Unión Liberal de O'Donnell, converteuse nun dos seus membros máis destacados e chegou a ser ministro de Gobernación en 1864 e de Ultramar en 1865, nos anos finais do reinado de Isabel II, antes de se proclamar a Primeira República Española.

Sexenio revolucionario[editar | editar a fonte]

Cánovas non se involucrou na Gloriosa, o pronunciamento de setembro de 1868 que destronou Isabel II. Tampouco sostivo á raíña, aínda que durante o Sexenio mostrouse partidario da monarquía constitucional. Sinalando a necesidade de orde e goberno firme, non se opuxo de forma taxativa ao réxime nacido da Gloriosa. Abstívose na elección de Amadeo de Savoia e apoiou os gabinetes de Sagasta e Castelar, buscando que o réxime non se radicalizase. Esta posición fixo que se lle xuntasen moitos dos que se mostraban descontentos coa evolución do réxime, máis aínda cando se proclamou a Primeira República Española.

Regreso de Afonso de Borbón[editar | editar a fonte]

En outubro de 1872, coa chegada dos radicais ao poder, Cánovas integrouse por fin no afonsismo, a facción política conservadora que preparaba a volta de Afonso de Borbón, fillo de Isabel II. Fracasada a vía do pronunciamento, no verán de 1873 fíxose co liderado desta facción, desprazando aqueles que pretendían un regreso aos tempos en que o Partido Moderado ocupaba o poder en exclusiva.

Este movemento deteriorou completamente as súas relacións con Isabel II, que apostaba por unha Restauración de carácter reaccionario, en estreita alianza con carlistas e neocatólicos. Cánovas perfilou un afonsismo que pretendía integrar á esquerda liberal e conservar aqueles aspectos da Constitución de 1869 que fosen compatibles co liberalismo moderado.

Cánovas foi o redactor do Manifesto de Sandhurst,[4] publicado no mes de decembro de 1874. Neste texto, asinado por Afonso de Borbón, afirmábase o compromiso do pretendente coa monarquía constitucional e chamaba ao seu lado a todos os españois "sean cuales fueren sus antecedentes políticos". Tratábase dunha clara referencia á súa vontade de integrar cantas sensibilidades políticas fose posible.

Aínda que Cánovas non tiña présa por lograr a proclamación de Afonso e rexeitaba a intervención do exército, non puido evitar o pronunciamento do xeneral Martínez Campos en Sagunto a finais dese mesmo mes. Pese ás cautelas de Cánovas, o pronunciamento triunfou sen violencia e Afonso XII foi proclamado como rei.

Restauración[editar | editar a fonte]

Cánovas sería encargado de artellar o sistema político da Restauración, coñecido na súa honra como "sistema canovista". O sistema, fundamentado na Constitución de 1876, era unha monarquía constitucional a semellanza da británica. A Constitución reservaba á monarquía moitos poderes, entre eles o de disolver as Cortes e nomear presidente do goberno. Con todo, o parlamento tiña gran marxe de manobra e o goberno efectivo do país acabou por quedar nas súas mans.

Cánovas era un defensor convencido dos beneficios do bipartidismo. Fundou o Partido Liberal Conservador, de tendencia conservadora, pero comprometido co liberalismo. Favoreceu a formación dun partido liberal virado cara a esquerda que aceptase a lexitimidade do sistema político implantado. Con Práxedes Mateo Sagasta, líder do Partido Liberal Fusionista estableceu a quenda política obrigatoria, mediante o Pacto do Pardo en 1881.

Na práctica o sistema canovista baseouse nas fraudes electorais periódicas, apoiadas no caciquismo, que facían posible a alternancia no poder, como medio de disipar tensións. Deste xeito accedeu varias veces ó cargo da presidencia do goberno, sendo o primeiro presidente do consello de ministros de Afonso XII.

Cánovas asumiu funcións de xefe do estado durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena (1885-1902). Decretou inicialmente o sufraxio restrinxido en 1878 e o sufraxio universal masculino non se restableceu ata 1890 baixo o goberno de Sagasta.

O seu goberno desenvolveu unha política colonial baseada na represión dos partidarios dunha Cuba libre. A política levada a cabo contra o nacionalismo cubano acabaría conducindo a España á perda das últimas colonias na guerra hispano-americana contra os Estados Unidos en 1898. Exerceu igualmente unha forte represión contra a disidencia política no interior de España.

Asasinato[editar | editar a fonte]

Mausoleo de Cánovas en Madrid (A. Querol, 1906).

Cánovas morreu asasinado o 8 de agosto de 1897 no balneario de Santa Águeda, en Guipúscoa, polo anarquista italiano Michele Angiolillo, que se inscribira no establecemento como correspondente do xornal Il Popolo. Segundo as súas declaracións ó ser detido, atentara contra el en resposta ás mortes e tortura dos revolucionarios detidos en Barcelona tras o atentado contra a procesión de Corpus en xuño de 1896.

Obra[editar | editar a fonte]

Cánovas del Castillo foi, ademais de político, un activo home de letras. Os seus escritos históricos concedéronlle notable reputación, en especial a súa Historia de la decadencia de España, pola cal foi elixido en 1860, con só 32 anos, membro da Real Academia da Historia. A este honor seguiría a súa incorporación a outras institucións de letras, entre elas, a Real Academia Española en 1867, a Academia de Ciencias Morais e Políticas en 1871 e a Real Academia de Belas Artes de San Fernando en 1887. Tamén oficiou como director do Ateneo de Madrid (1870-74, 1882-84 e 1888-89).

A súa obra historiográfica mais sobranceira constitúea a Historia General de España (1891-1897) en 18 volumes. Entre as súas publicacións e libros que conteñen textos seus están os seguintes:

  • La campana de Huesca: (crónica del siglo XII). Prólogo de Serafín Estébanez Calderón (El Solitario). Colección Austral. 1851.
  • Historia de la decadencia de España desde Felipe III hasta Carlos II. 1854.
  • Bosquejo histórico de la Casa de Austria en España. 1869.
  • Discurso sobre la nación: inauguración del curso del Ateneo de Madrid, novembro de 1882. introdución de Andrés de Blas.
  • Estudios del reinado de Felipe IV. Madrid, Imprenta Pérez Dubrull, 2 vols. 1888-1889.
  • Criterio histórico con que las distintas personas que en el descubrimiento de América intervinieron han sido después juzgadas: conferencia inaugural de Antonio Cánovas del Castillo, pronunciada el día 11 de febrero de 1891.. Ed. facsímile. Clásicos Biblioteca Nacional. Orixinal: Madrid, Sucesores de Rivadeneyra, 1892-1894.
  • Historia General de España. 18 vols. 1897.
  • Discursos parlamentarios; estudo preliminar de Diego López Garrido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Suárez Cortina (1997), pp. 120–125.
  2. Comellas 1997, p. 83.
  3. Pascual 1999, p. 58.
  4. Langa 1990, p. 38.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Comellas, José Luis (1997). Cánovas Del Castillo. Col. Ariel Historia. Madrid: Ariel. ISBN 9788434465985. 
  • Fernández de Alarcón, Belén (2016). Vida cotidiana de la mujer en la burguesía en tiempos de Isabel II y finales del XIX. Madrid: Universidad Rey Juan Carlos. ISBN 978-84-9085-694-9. 
  • Gómez Ochoa, Fidel (1997). "El conservadurismo canovista y los orígenes de la Restauración". En Suárez Cortina,, Manuel (et al.). La Restauración, entre el liberalismo y la democracia, (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. pp. 109–155. ISBN 84-206-2890-5. 
  • Langa Laorga, María Alicia (1990). España y Portugal en el siglo XIX. Col. Historia del mundo contemporáneo. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-494-X. 
  • Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración canovista. Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN 84-7960-247-3. 
  • Suárez Cortina (1997)., Manuel (1997). La Restauración, entre el liberalismo y la democracia (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420628905. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]