O jeu de paume é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial nunha soa edición, nos Xogos Olímpicos de 1908. Esta foi a única edición dos Xogos de Verán na que este deporte foi unha proba galardoada con medalla. Unha versión disputada en exterior chamada longue paume foi un deporte de demostración nos Xogos Olímpicos de 1900. O "real tennis", nome co que é coñecido o deporte no Reino Unido, era un acontecemento de exhibición nos Xogos Olímpicos de 1924. No Informe Oficial dos Xogos Olímpicos de 1908, o deporte é referido como "tenis (jeu de paume)" mentres que o tenis foi nomeado "tenis de céspede."