Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O curling é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno. Debutou nos Xogos Olímpicos de 1924 realizados en Chamonix (Francia), se ben o resultado desta competición non foi considerado oficial até os Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 realizados en Turín (Italia) polo Comité Olímpico Internacional.[1] Este deporte foi considerado de demostración nas edicións de 1932, 1988 e 1992,[2] pasando a ser considerado como deporte oficial a partir dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 realizados en Nagano (no Xapón).
Realízanse dúas competicións, unha masculina e outra feminina. Os grandes dominadores deste deporte son o Canadá, Suecia e Suíza.
|
---|
Deportes de Verán | |
---|
Deportes de Inverno | |
---|
Engadidos en 2020 | |
---|
Deportes do pasado | |
---|