Órbita baixa terrestre
Aparencia
Co concepto de órbita baixa terrestre (a miúdo denominado LEO, Low Earth Orbit) faise referencia ás órbitas arredor da Terra cun apoxeo de menos de 2000 quilómetros. Na práctica, a cota inferior deste tipo de órbitas, o perixeo, sitúase nos 160 quilómetros, xa que debido ó rozamento atmosférico, unha órbita a esa altura é inestable e o vehículo cae rapidamente ó perder enerxía.[1]
Tódolos voos espaciais tripulados, excepto as misións lunares do proxecto Apollo, teñen lugar na órbita baixa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INTER-AGENCY SPACE DEBRIS COORDINATION COMMITTEE, ed. (setembro de 2007). "IADC Space Debris - Mitigation Guidelines" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2013.