Xunta Preautonómica de Andalucía
Aparencia
A Xunta Preautonómica de Andalucía foi o organismo administrativo de Andalucía entre 1978 e 1982, ano no que tomou posesión o primeiro goberno autonómico.
A Xunta Preautonómica foi creada pola Asemblea de Parlamentarios Andaluces o 7 de xaneiro de 1978 na Deputación de Cádiz. Ao ano seguinte a Xunta Preautonómica acordou que Andalucía accedese á autonomía pola vía do Artigo 151 da Constitución Española.
Primeiro goberno preautonómico
[editar | editar a fonte]O primeiro Consello de Goberno tomou posesión o 2 de xuño de 1978 cos seguintes integrantes:
- Presidente: Plácido Fernández Viagas
- Conselleiro de Traballo: Carlos Navarrete Merino
- Conselleiro de Interior: Carlos Sanjuán de la Rocha
- Conselleiro de Cultura: Alfonso Lazo
- Conselleiro de Obras Públicas: Rafael Escuredo Rodríguez
- Conselleiro de Agricultura: Francisco de la Torre Prados
- Conselleiro de Educación: Eugenio Alés Pérez
- Conselleiro de Industria: Tomás García García
Segundo goberno preautonómico
[editar | editar a fonte]Tomou posesión o 2 de xuño de 1979.
- Presidente: Rafael Escuredo Rodríguez
- Conselleiro de Interior: Antonio Ojeda Escobar
- Conselleiro de Política Territorial: Jaime Montaner Roselló
- Conselleiro de Cultura: Rafael Vallejo
- Conselleiro de Sanidade: Fernando Arenas del Buey
- Conselleiro de Agricultura: Pedro Valdecantos / José González Delgado
- Conselleiro de Facenda: José Fernández Alemán
- Conselleiro de Industria: Tomás García García
- Conselleiro de Medio Ambiente: Miguel Ángel Arredonda
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Reforma do Estatuto de Andalucía Arquivado 26 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)