Xosé Meixide
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 |
Morte | 16 de xullo de 1994 (77/78 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Xosé Meixide González, nado en 1916 e finado en Vigo o 16 de xullo de 1994, foi un mestre e promotor cultural galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de Bentraces, foi membro das Mocedades Galeguistas. Entrou como socio en SEPT en marzo de 1947 para reforzar a dirección e marcha da oficina canda Celso Collazo, que foi responsable da organización e das vendas. Foi membro fundador da Editorial Galaxia e integrante do seu primeiro comité executivo. Finou en Vigo o 16 de xullo de 1994.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-7-1994, p. 73.