Westland Widgeon (helicóptero)
Westland Widgeon | |
---|---|
Tipo | helicóptero |
Fabricante | Westland Aircraft |
Primeiro voo | 23 de agosto de 1955 |
Unidades construídas | 12 novos + 3 conversións |
O Westland Widgeon foi un helicóptero desenvolvido polo fabricante británico Westland Aircraft como unha mellora do Westland WS-51 Dragonfly.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Westland Aircraft decidiu pola súa conta facer unha mellora do helicóptero Westland WS-51 Dragonfly, que era un deseño de Sikorsky Aircraft licenciado, incrementando a capacidade da cabina e substituíndo a cabeza do rotor, as pas e a transmisión coas unidades usadas no Westland Whirlwind. Tres Dragonfly Series 1A foron convertidos a especificacións WS-51 Series 2 Widgeon, voando o primeiro deles o 23 de agosto de 1955. Unha desas conversións, con rexistro G-ANLW, foi o primeiro helicóptero en aterrar no heliporto de Londres o 8 de abril de1959, e despois apareceu no filme de 1971 When Eight Bells Toll.[1]
En 1957 houbo un plan para coller os 24 Dragonfly que tiña o Fleet Air Arm ao estándar Dragonfly HC.7 (como ía ser o Widgeon naval) pero o plan foi abandonado e contribuíu á decisión de deter o progreso do tipo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "G-ANLW". helis.com. Consultado o 17 de maio de 2024.
- ↑ Beaver, Paul (1987). Encyclopaedia of the Fleet Air Arm since 1945. Wellingborough, Northamptonshire: P. Stephens. ISBN 978-0-85059-760-8.