Vaso de cóctel
Aparencia
O vaso de cóctel (tamén chamado copa martini) é un vaso que ten un recipiente en forma de cono colocado sobre un talo sobre unha base plana.
Utilízase principalmente para servir cócteles. A súa forma derívase do feito de que todos os cócteles tradicionalmente se serven fríos e conteñen un elemento aromático. Así, o talo permite que o bebedor poida soster o vidro sen afectar á temperatura da bebida, e o recipiente ancho coloca a superficie da bebida directamente baixo o nariz do bebedor, asegurando que o elemento aromático ten o efecto desexado.
Unha copa de cóctel estándar contén 13,3 centilitros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vaso de cóctel |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "History of cocktails", Cocktail: UK, consultado o 15 de febreiro de 2010
- "Martini History and How the Martini Got Its Name", MartiniMuse, consultado o 15 de febreiro de 2010