Saltar ao contido

Umbo (micoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Cantharellula umbonata é un cogumelo umbonado.
O sombreiro de Psilocybe makarorae é papilado.

O umbo, ou umbón é unha prominencia mamiliforme (en forma de mamila), localizada no centro do píleo ou sombreiro dun cogumelo da familia das agaricáceas. Os sombreiros (e os fungos) que posúen esta característica denomínanse umbonados.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Os termos umbo e umbón derivan do latín umbus, -onis, "a parte central prominente do escudo dos lexionarios".[1]

Tipos de umbos

[editar | editar a fonte]
  • Os umbos que son pronunciadamente finos denomínanse agudos.
  • Pola contra, os máis arredondados chámanse umbos anchos.
  • Se o umbo é máis ben alongado, presenta unha cima aredondada e está ben delimitado —dalgunha maneira, parécese a unha mamila feminina—, denomínase mamilado ou papilado.[2]
  1. 1,0 1,1 Font Quer, P. 1993, p. 1078.
  2. Stuntz, D. E.; Largent D. L.; Thiers, H. D.; Johnson, D. J. & Watling R. (1978): How to Identify Mushrooms to Genus I. Eureka, California: Mad River Press. ISBN 978-0-9164-2200-4, pp. 12–13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2 (I-Z). Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.