Transmutación das especies
Transmutación das especies é un termo utilizado na historia da bioloxía, para describir o cambio dunha especie noutra. A terminoloxía era habitualmente utilizada en tempos predarwinianos, noutras "hipóteses do desenvolvemento" (un dos termos utilizados por Darwin) e na "teoría de gradación regular", utilizada por William Chilton o xornal The Oracle or Reason. "Transformación" é outra palabra utilizada, neste contexto, en lugar de "transmutación".
Os pensadores preevolucionistas dos séculos XVIII e XIX tiveron que crear os termos para expresar as súas ideas, e a terminoloxía non quedou uniformada até un tempo despois da publicación da orixe das especies. A palabra "evolución" foi un concepto posterior, pódese atopar na obra de 1851 de Herbert Spencer Social Statistics e noutra anterior, pero non tivo uso estendido até entre os anos 1865 e 1870.