Sprite
Sprite é unha famosa marca recoñecida mundialmente de bebida gasosa con sabor a lima-limón e sen cafeína producida pola empresa "The Coca-Cola Company".
Foi a resposta de Coca-Cola fronte á popularidade de 7 Up, que empezou como "Lithiated Lemon" en 1929. Sprite preséntase en latas principalmente verdes e azuis ou en botellas verde transparente cunha etiqueta principalmente verde e azul. Actualmente Sprite véndese en máis de 190 países.
Nos anos 1980, moitos anos despois da súa presentación, Coca-Cola fixo presión ás súas embotelladoras máis grandes, que distribuían 7 Up, para que substituíse á competencia co seu propio produto. Grazas, en gran medida, á forza do sistema de embotelladores de Coca-Cola, Sprite logrou liderar as vendas no mercado de refrescos lima-limón en 1989.
Chámase limoada en Australia, Nova Zelandia e Suíza.
En 1974 lanzouse Sprite Lixeiro e aínda que as vendas de Sprite non paran de crecer desde 1998, a Coca-Cola Company decidiu renomear a Sprite Lixeiro "Sprite Zero", como un esforzo para aumentar as vendas.
Outras bebidas de Sprite
[editar | editar a fonte]Ademais da Sprite Lima-Limón foron lanzadas outras Sprites, aquí unha lista de todas as que foron lanzadas no mundo:
- Sprite Zero
- Mint acid Sprite
- Sprite Blue
- Sprite 3G
- Sprite Remix
- Sprite Remix Berry Clear
- Sprite Remix Baixa
- Sprite Remix Aruba Jam
- Saborosa Sprite
- Max Sprite
- Ice Sprite
- Sprite Retro.