Saltar ao contido

Sociedad Deportiva Colloto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SD Colloto»)
Colloto
NomeSociedad Deportiva Colloto
Alcume(s)La Manzana Mekanika
Fundación1987
EstadioMunicipal El Nora,
Oviedo, Asturias Asturias
Capacidade2.000
PresidenteEspaña Miguel Mijares
AdestradorEspaña Francisco Zala
LigaRexional Preferente
2011–1220º (3ª – Grupo 2)
Na rede
http://www.sdcolloto.es/
Titular
Alternativo

A Sociedad Deportiva Colloto é un club de fútbol do lugar de Colloto, no concello asturiano de Oviedo. Foi fundado en 1987 e actualmente xoga na Rexional Preferente de Asturias.

O equipo foi fundado no ano 1987 pola fusión de tres clubs de fútbol da zona: o Águila Negra, o Colloto CF e o Club Deportivo Central Lechera. O seu primeiro éxito deportivo ten lugar na tempada 1994/1995 cando consegue o ascenso a Terceira División por primeira vez na súa historia. Manteríase nesta categoría ata a tempada 2002/2003 na que descendería. Na actualidade é un equipo ascensor que leva varias tempadas subindo e baixando de categoría e que non logrou asentarse en Terceira.

Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes. Uniforme alternativo: Camiseta branca con raias negras horizontais, pantalón branco e medias negras.

O club disputa os seus partidos como local no Estadio Municipal El Nora con capacidade para 2.000 espectadores.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 11

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
de 87-88 Rexional
a 94-95 Rexional
1995/96 17º
1996/97 16º
1997/98 17º
1998/99
1999/00 16º
2000/01 11º
2001/02
2002/03 19º
Tempada Categoría Posto
2003/04 Rex. Preferente
2004/05 Rex. Preferente 17º
2005/06 Rex. Preferente 15º
2006/07 Rex. Preferente
2007/08 20º
2008/09 Rex. Preferente
2009/10 18º
2010/11 Rex. Preferente
2011/12 20º
2012/13 Rex. Preferente

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]