Saltar ao contido

SDC San Antonio (balonmán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Reyno de Navarra San Antonio»)
SDC San Antonio
Nome do club Sociedad Deportiva Cultural San Antonio
Fundado 1955
Pavillón Pavillón Universitario de Navarra,
Pamplona
Capacidade 3.000
Presidente España Doroteo Vicente
Adestrador España Juanto Apezetxea
Liga Liga ASOBAL
2009-210 6º (Liga ASOBAL)
Vestimenta


Local


Visitante

A sección de balonmán da Sociedad Deportiva Cultural San Antonio ou AMAYA Sport San Antonio, por motivos de patrocinio, é un equipo de balonmán de Pamplona, Navarra, que actualmente compite na Liga ASOBAL. O club fundouse en 1955.

A tempada 1971-72 foi decisiva para o club pamplonés. O 19 de marzo de 1972 o San Antonio logrou o primeiro ascenso á División de Honra e o 9 de abril proclamouse Campión de España de Primeira División (no encontro ante o Roca Gava que os de Pamplona gañaron por 20-23).

A tempada 79-80 foi unha das máis negras da súa historia deportivamente falando. Ángel Hermoso de Mendoza adestraba aquel ano o equipo patrocinado por Ronkari, que perdeu a categoría na última xornada (Covadonga 25 - San Antonio 22). Non foi ata o 28 de maio de 1989 cando o club conseguiu o ascenso á División de Honra "A" en Pamplona, no Pavillón Arrosadia, contra o Ciudad Real dirixido por Zupo Equisoain. Co nome de Mepamsa San Antonio estivo catro tempadas na Liga ASOBAL, e renunciou á máxima categoría por problemas económicos o 23 de xullo de 1993.

Tras dous anos na División de Honra B, o Ariston San Antonio obtivo en Oviedo o ascenso á Liga ASOBAL. Dirixido por David García, gañaron ao Ciudad de Naranco por 19-24. Durante estas dúas tempadas, o serbio Goran Dzokic foi o máximo goleador do equipo e un xogador decisivo na historia do club.

Entre 1995 e 1997, Seguros Lagun Aro encargouse de lle ofrecer a tranquilidade económica ao club. Porén, foi a entrada de Cementos Portland en 1997 o que trocou o futuro do club, que en 1998 comezaría un ascenso fulgurante ao finalizar a Liga ASOBAL na segunda posición e disputar a final fronte ao FC Barcelona, na que perdeu por 35-27, 32-20 e 25-29.

O 14 de febreiro de 1999 o Portland San Antonio conquistou o seu primeiro título ao gañar a Copa do Rei ao FC Barcelona por 32-29 no Polideportivo Pisuerga de Valladolid.

O 30 de abril do 2000 chegou o primeiro título continental do equipo navarro ao conquistar a Recopa de Europa ante o Dunaferr húngaro, tras gañar no partido de ida disputado en Pamplona por 28-19, e perder en Hungría por 26-20. Un ano despois, o equipo navarro levou outro novo título continental ás súas vitrinas, desta vez a máxima competición do balonmán europeo, a Copa de Europa, logo de manter no Palau Blaugrana a vantaxe conseguida en Pamplona (30-24) fronte ao FC Barcelona, malia perder por 25 a 22 na volta disputada en Barcelona.

2001 foi sen dúbida o ano máis exitoso da sección de balonmán, xa que conseguiu gañar dous títulos máis. O 16 de setembro o San Antonio logrou a Supercopa de España, derrotando o Caja España Ademar, que caeu por 26-24 en Pamplona. O 27 de maio xa gañara por segunda vez na súa historia a Copa do Rei, disputada fronte ao Ciudad Real, que xogaba na casa e chegaba por primeira vez á final.

O 9 de maio do 2002 chegou o primeiro título de Liga ao palmarés do equipo navarro; o título que máis se lle resistira supuxo o broche de ouro á tempada. Ese mesmo ano chegaría a segunda Supercopa de España logo de vencer o Ademar por 33 a 27.

Na tempada 2003-04 chegou un novo título europeo logo de venceren ao BM Valladolid na final da Recopa de Europa por 30-31 en Valladolid e 30-26 en Pamplona.

Os dous últimos títulos do club navarro chegaron no 2005, cando gañou a súa segunda liga por diante do Ciudad Real e, máis tarde, a súa terceira Supercopa de España, logo de gañar, como xa ocorrera na Recopa de Europa, ao Balonmán Valladolid na final por 29-27 en Málaga.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Campión: 2001-02 e 2004-05
  • Subcampión: 1997-98, 1999-00 e 2006-07
  • Campión: 1998-99 e 2000-01
  • Subcampión: 1997-98
  • Campión: 2001-02, 2002-03 e 2005-06
  • Subcampión: 1999-00
  • Subcampión: 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2004-05, 2005-06 e 2006-07
  • Campión: 2000-01
  • Subcampión: 2002-03 e 2005-06
  • Campión: 1999-00 e 2003-04
  • Campión: 1999-00
  • Subcampión: 2001-02

Tódolos títulos foron acadados polo club baixo a dirección do navarro e canteirán Zupo Equisoain.

O gran artífice do éxito do San Antonio baixo a súa xestión como presidente foi Fermín Tajadura, xa finado.

Cadro de xogadores da tempada 2010-2011

[editar | editar a fonte]
 

Adestrador : Juanto Apezetxea

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]
  • 1968-1969: Kaiku, Primeira División, dúas tempadas.
  • 1971-1972: Werner, Primeira División, unha tempada.
  • 1972-1977: Schweppes, División de Honor, cinco tempadas.
  • 1977-1978: Sen patrocinio, División de Honor, unha tempada.
  • 1978-1979: Reynolds, División de Honor, unha tempada.
  • 1979-1980: Ronkari, División de Honor, unha tempada.
  • 1980-1981: Chistu, Primeira División, unha tempada.
  • 1981-1982: Berberana, Primeira División, unha tempada.
  • 1982-1983: Vinos de Navarra, Primeira División, unha tempada.
  • 1983-1984: Garsa, Primeira División, unha tempada.
  • 1984-1987: Larios, Primeira División, tres tempadas.
  • 1987-1989: Espárragos de Navarra, 1ª División, dúas tempadas.
  • 1989-1993: Mepamsa, Div. Honor, (ASOBAL), catro tempadas.
  • 1993-1994: Proedina, Primeira División, unha tempada.
  • 1994-1995: Ariston, Primeira División B, unha tempada.
  • 1995-1997: Lagun Aro, División de Honor, (ASOBAL), dúas tempadas.
  • 1997-2008: Cementos Portland, División de Honor, (ASOBAL), nove tempadas.
  • 2009-2010: Reyno de Navarra, División de Honor, (ASOBAL) , unha tempada.
  • 2009-actualidade: Amaya Sport, División de Honor, (ASOBAL).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]