Rei Gnomo Kyrië
O Rei Gnomo Kyrië (Kabouterkoning Kyrië en neerlandés) é segundo as lendas tradicionais o xefe dos gnomos da rexión de Kempen (territorio limítrofe entre Flandres e os Países Baixos) con base na vila de Hoogeloon, onde vivía o rei nunha mámoa coñecida como Kerkakkers do Monte dos Gnomos (Kabouterberg). Os gnomos de Kempen eran criaturas benéficas que axudaban os labregos e as familias da veciñanza pola noite e que non querían que os visen os humanos, que eran castigados polos propios gnomos cando se atrevían a espialos.
A morte de Kyrië
[editar | editar a fonte]Un día un cazador disparou sobre o rei Kyrië en Riethoven, coas súas últimas forzas logrou chegar á Montaña do Diaño (Duivelsberg), onde había unha aldea habitada por gnomos. O cazador curioso polo que sucedía na montaña escoitou laiarse aos gnomos que dicían: Morreu Kyrië!, a nova da morte do rei pola gravidade das súas feridas espallouse entre todos os gnomos da rexión, e tras soterralo nalgún lugar de Hoogeloon deixaron a rexión cara algún lugar descoñecido. Desde aquela ninguén volveu ver aos gnomos de Kempen.