Raíz tuberosa
Unha raíz tuberosa é un tipo de órgano subterráneo de acumulación de nutrientes tal como os rizomas, cormos, bulbos e tubérculos. A diferenza esencial con todos eles é que estes son talos modificados, mentres que a raíz tuberosa, como o seu nome indica, é unha raíz engrosada axeitada á función de almacenamento de reservas. As raíces tuberosas fórmanse como un acio dende a coroa ou baseamento da planta dende onde xorden os talos. Durante a estación de crecemento, estas raíces especialízanse na reserva de nutrientes que a planta produce nas follas.
Os exemplos típicos de plantas con raíces tuberosas son a pataca doce (Ipomoea batatas) e maila dalia (Dahlia), aínda que outras especies como Eremurus, Clivia, Alstroemeria e Ranunculus tamén as presentan.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1982). Diccionario de Botánica. 8ª reimpresión. Barcelona: Editorial Labor, S. A. 84-335-5804-8.
- Gola, G., Negri, G. y Cappeletti, C. (1965). Tratado de Botánica. 2da. edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p.
- Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1
- Valla, Juan J. (2007). Botánica. Morfología de las plantas superiores. (1a ed. 20a reimp. ed.). Buenos Aires: Hemisferio sur. p. 352. ISBN 950-504-378-3.