Pléiades (satélites)
Aparencia
Pléiades é unha serie de dous satélites de recoñemento franceses lanzados en 2011 e 2012.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Pléiades, tamén denominados Pléiades-HR, é o nome de dous satélites do CNES francés sucesores dos satélites SPOT para a observación e recoñemento terrestre. Pléiades é o compoñente de observación óptica de alta resolución do sistema italofrancés Orfeo, no que Italia aporta os satélites de observación por radar COSMO-Skymed.[1][2]
Os satélites Pleiades teñen unha resolución de ata 70 cm en imaxes de tramos de ata 20 km de longo. Cada satélite ten unha masa de 970 kg, leva tres paneis solares que proporcionan ata 1000 W de potencia e foron inxectados en órbitas de aproximadamente 680 km de altura usando foguetes Soiuz ST-A Fregat.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Pléiades-HR 1A | 17 de decembro de 2011 | Éxito | Soiuz ST-A Fregat |
Pléiades-HR 1B | 2 de decembro de 2012 | Éxito | Soiuz ST-A Fregat |