Pituicito
Os pituicitos son un tipo de células gliais que se encontran na neurohipófise. A súa principal función é axudar ao almacenamento e liberación de hormonas neurohipofisarias.[1]
Estrutura
[editar | editar a fonte]Os pituicitos están localizados na pars nervosa da neurohipófise entremesturados cos axóns non mielinizados e os corpos de Herring. Xeralmente tínguense de púrpura escuro coa tinguidura de hematoxilina-eosina e están entre as estruturas máis doadamente identificables desa rexión.[2][3] Os pituicitos teñen unha forma irregular e ramificada que lembra a doutro tipo de células gliais: os astrocitos.[4] Igual que os astrocitos, o seu citoplasma presenta filamentos intermedios específicos constituídos pola proteína ácida fibrilar glial.[5]
Función
[editar | editar a fonte]Os pituicitos son similares aos astrocitos. A súa principal función é axudaren ao almacenamento de hormonas neurohipofisarias. Os pituicitos rodean os teminais axónicos e regulan a secreción de hormonas ao liberaren os seus procesos nestas terminacións.[1]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]Os pituicitomas son tumores raros que se orixinan a partir dos pituicitos. Poden confundirse co moito máis común adenoma de pituitaria e tamén co craniofarinxioma e o meninxioma. Os síntomas do efecto de masa (debido ao volume que pode adquirir) do tumor xeralmente inclúen trastornos da visión e menos frecuentemente dores de cabeza, hipopituitarismo (diminución da función da glándula pituitaria ou hipófise), fatiga e diminución da libido.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hatton, GI (September 1988). "Pituicytes, glia and control of terminal secretion." (PDF). The Journal of Experimental Biology 139: 67–79. PMID 3062122.
- ↑ Histology image: 38_08 no Health Sciences Centre da Universidade de Oklahoma
- ↑ Imaxe de Histoloxía:14003loa de Vaughan, Deborah (2002). A Learning System in Histology: CD-ROM and Guide. Oxford University Press. ISBN 978-0195151732.
- ↑ Ross M, Pawlina W (2011). Histology: A Text and Atlas (6th ed.). Lippincott Williams & Wilkins. p. 751. ISBN 978-0-7817-7200-6.
- ↑ Wei, XY; Zhao, CH; Liu, YY; Wang, YZ; Ju, G (2009). "Immuohistochemical markers for pituicyte.". Neuroscience Letters 465 (1): 27–30. PMID 19559073. doi:10.1016/j.neulet.2009.06.059.
- ↑ Covington, MF; Chin, SS; Osborn, AG (December 2011). "Pituicytoma, spindle cell oncocytoma, and granular cell tumor: clarification and meta-analysis of the world literature since 1893.". American Journal of Neuroradiology 32 (11): 2067–2072. PMID 21960498. doi:10.3174/ajnr.A2717.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- NIF Search - Pituicyte Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine. a través da Neuroscience Information Framework