Pitteyarika
Aparencia
Pitteyarika foi unha cidade hitita próxima a Samuha. Hattusilis, o futuro Hattusilis III, foi gobernador desta cidade sobre o -1295 e malia a falta de axuda do "Gran Rei" Muwatallis II, atacou os kaskas e derrotounos de maneira importante nas inmediacións de Hahha, devolvendo aos hititas as súas terras anteriores.