Quenda de penaltis
Aparencia
(Redirección desde «Penalty shoot-out (association football)»)
Unha quenda de penaltis é un método utilizado nalgúns deportes para determinar un gañador tras un partido empatado. As regras das quendas varían segundo os deportes e ata entre distintas competencias. No entanto, a forma usual é a alternancia de tiros de penaltis, enfrontándose un atacante dun equipo fronte a un gardameta do rival. O equipo gañador é o que converte máis goles nun predeterminado número de intentos. Se anotan a mesma cantidade de goles, usualmente realízanse as series necesarias dun tiro por equipo ata desempatar, o que é coñecido como morte súbita nalgúns deportes.