Saltar ao contido

Olímpico Futebol Clube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olímpico Futebol Clube
Alcume(s)Leão da Caserna, Leão da Colina
Fundación4 de outubro de 1931 (93 anos)
EstadioAracaju, Brasil
LigaCampeonato Sergipano
Titular
Alternativo
Terceiro

O Olímpico Futebol Clube es un club de fútbol da cidade de Aracaju, no estado do Sergipe.

Fundado como Siqueira Campos Futebol Clube en 1931 por militares do 28º Batallón de Cazadores, polo que recibiu o alcume de "Leão da Caserna".

En 1939 mudou de nome establecéndose o actual, Olímpico Futebol Clube, e o club entrou na súa época máis gloriosa, conquistando o campionato de Sergipe en 1946 e 1947 e colocándose segundo en 1948 e 1949. Na década de 1990 pasou por problemas financeiros e en 1996 optou por deixar Aracaju para se recolocar en Itabi previo acordo que o concello pagaría os gastos do club, pasou a denominarse Olímpico de Itabi e rematou en quinto lugar. En 1997 mudou a sede para Carmópolis, pero sen éxito e na metade do compionato trocou a sede para Lagarto, o Olímpico quedou en último lugar da liga e baixou á segunda categoría do campionato sergipano, volvendo á primeira serie en 2000, aínda que baixou de novo. No ano 2005 mudou definitivamente de sede, establecéndose en Pirambu, alterando o seu nome para Olímpico Pirambu Futebol Clube.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]