Saltar ao contido

Occator (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Occator
Occator fotografada dende a Dawn, co instrumento LAMO. As fracturas están asociadas coas manchas brillantes e con algunhas outras áreas.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Ceres
Diámetro 92 km[1]
Profundidade 4 km
Coordenadas 19,82° N 239,33° E[1][2]
Procedencia do nome En referencia a Occator, deus da grade e axudante de Ceres.[1]

Occator é un cráter de impacto situado en Ceres que contén a chamada "Mancha 5", a mancha máis brillante de tódolos puntos brillantes observados pola sonda espacial Dawn. Era coñecida como "Rexión A" nas imaxes terrestres tomadas polo Observatorio W. M. Keck en Mauna Kea.[3]

O cráter recibiu o seu nome en referencia a Occator, deus da grade e axudante de Ceres. O nome foi aprobado oficialmente pola UAI o 3 de xullo do 2015.[1][2]

O 9 de decembro de 2015, varios científicos informaron que as manchas brillantes sobre Ceres, incluíndo as do cráter Occator, podían estar relacionadas cun tipo de sal, en particular cunha forma de salmoira que contería hexahidrato de sulfato de magnesio (MgSO4.6H2O); tamén se achou que as manchas están asociadas a arxilas ricas en amoníaco.[4] Máis recentemente, o 29 de xuño de 2016, varios científicos informaron que o punto brillante estaría composto principalmente de carbonato de sodio (Na
2
CO
3
), o que implica que a actividade hidrotermal sería a probable causa da creación dos puntos brillantes.[5][6]

A mancha no centro do cráter chámase Cerealia Facula,[7] e o grupo de manchas ao leste chámanse Vinalia Faculae.[8]

Panorámicas

[editar | editar a fonte]
"Mancha 5" e Occator - en primeiro plano (cores realzadas; LAMO; febreiro do 2016)
Centro de Occator - plano aberto (cores realzadas; LAMO; febreiro do 2016)
A mancha brillante é moi probable que estea composta por carbonato de sodio (NASA; Xuño do 2016).[5]

Animacións

[editar | editar a fonte]
Animacións do sobrevoos de Ceres.
As características superficiais están exaseradas
(simulado; 01:15; 08-06-2015)[9]
Enfocado sobre o cráter Occator
(cores falsas; 01:12; 09-12-2015)
Sobrevoo do planeta anano Ceres.
(cor; 03:43; 29-01-2016)
Ceres - Cráter Occator - Sobrevoo (animación; 02:20; 15-12-2016)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Crater, craters: Occator on Ceres". Consultado o 13-04-2017. 
  2. 2,0 2,1 Staff (13-07-2015). "USGS: Ceres nomenclature" (PDF). USGS. Consultado o 16-07-2015. 
  3. Kupper (22-01-2014). "PIA17831: Water Detection on Ceres". NASA. Consultado o 30-07-2015. 
  4. Landau, Elizabeth (09-12-2015). "New Clues to Ceres' Bright Spots and Origins". NASA. Consultado o 10-12-2015. 
  5. 5,0 5,1 Landau, Elizabeth; Greicius, Tony. (29-06-2016). "Recent Hydrothermal Activity May Explain Ceres' Brightest Area". NASA. Consultado o 30-06-2016. 
  6. De Sanctis, M. C.; Raponi, A.; Ammannito, E.; Ciarniello, M.; e o resto de colaboradores (29-06-2016). "Bright carbonate deposits as evidence of aqueous alteration on (1) Ceres". Nature 536: 1–4. PMID 27362221. doi:10.1038/nature18290. 
  7. Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Facula, faculae: Cerealia Facula on Ceres". Consultado o 13-04-2017. 
  8. Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Facula, faculae: Vinalia Faculae on Ceres". Consultado o 13-04-2017. 
  9. Landau, Elizabeth; Dyches, Preston. (08-06-2015). "Fly Over Ceres in New Video". NASA. Consultado o 09-06-2015.