Método de Hall para bilirrubina
O método de Hall utilizase para diferenciar un pigmento, a bilirrubina, que é o principal pigmento da bile, que se orixina pola degradación das células vermellas do sangue.
Existe un método para diferenciar conxuntamente a bilirrubina e a hematoidina (Método de Gmelin) pero o verdadeiro método para diferenciar a bilirrubina é o método de Hall.
A intensidade da cor da tinguidura é proporcional á cantidade de bilirrubina que hai na mostra, pero se se encontraron restos de drogas e outras substancias será máis difícil a determinación da bilirrubina.
Fundamento
[editar | editar a fonte]A acción oxidante do reactivo de Fouchet converte a bile en biliverdina, de cor verde, a cal, se foi transportada ó fígado e alí reducida, coñécese como bilirrubina. O rango de cor varía entre verde oliva e verde esmeralda, dependendo da concentración de pigmento bílico presente.
Tecido control e diana
[editar | editar a fonte]O conduto biliar común obstruído é positivo para esta técnica. O tecido, para mellores resultados, debe estar fixado en formol 10%, e seccionado a 4 microns.
Reactivos
[editar | editar a fonte]- Reactivo de Fouchet.
- 12,5gr ácido tricloroacético.
- 50cc auga destilada.
- 5cc cloruro férrico 10%.
- Mesturar ben o tricloroacético e a auga, e engadir o cloruro férrico.
- Solución de Van Gieson.
- 1cc fucsina ácida 1%.
- 45cc ácido pícrico saturado.
Procedemento
[editar | editar a fonte]- Desparafinar e hidratar os cortes.
- Colocar na solución de Fouchet, 5 minutos.
- Lavar con auga destilada, 2 cambios de 2 minutos en cada cubeta.
- Contrastar con Van Gienson, 3 minutos.
- Lavar con auga destilada, 30 segundos.
- Deshidratar, aclarar e montar.
Resultados
[editar | editar a fonte]- Bilirrubina: verde.
- Coláxeno: vermello.
- Músculo e células epiteliais: amarelo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnológicos. Instituto de patología de las Fuerzas Armadas de los EEUU (AFIP).
- Hall, M.J. (1960). American Clinical Pathology, ed. A staining reaction for bilirubin in sections of tissue.