María del Carmen Fidalgo Sánchez
Aparencia
María del Carmen Fidalgo Sánchez Puga, nada en Petán, A Cañiza, o 4 de novembro de 1948, é unha política brasileira de ascendencia galega.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Francisco Fidalgo Pérez e de Amalia Sánchez Domínguez, formouse en Enxeñaría civil pola Universidade Federal da Bahia, exerceu diversos cargos na administración pública estatal e municipal.
Foi elixida deputada estatal polo Partido da Social Democracia Brasileira para o período 1995-1999. Pasou para o Partido dos Traballadores, polo cal foi electa concelleira de Salvador en 2004. Renunciou ó mandato en 2007. Nas eleccións de 2010, volveu a se elixir deputada estatal, desta volta polo Partido dos Traballadores.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil da Dep. Maria del Carmen Arquivado 17 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. - Liderança - Assembleia Legislativa da Bahia
- ↑ Maria Del Carmen articula para Bahia sediar abertura da Copa[Ligazón morta] Portal N3, 17 de decembro de 2012
- ↑ Assembleia Legislativa da Bahia. "Biografia da Dep. Maria del Carmen". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 17 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Leira, Lois (2009). Mulleres da emigración (bilingüe: galego-castelán). Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-9-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 14 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en portugués)