Laxe (construción)
Unha laxe (tamén chamada placa) é un elemento estrutural horizontal dunha edificación cunha superficie moito maior que o seu espesor (isto é, un tipo de lámina).
A laxe é responsábel de transmitir as accións que nela chegan para as vigas que a sustentan (se as houber), e destas para os piares aínda que tamén se constrúen laxes apoiadas directamente sobre piares. Outra característica que diferencia as laxes doutros elementos estruturais planos é que a carga que nela actúa é perpendicular ao seu plano medio.
Normalmente configúrase por unha lámina horizontal, e o seu material máis común é o formigón armado. Por motivos de orde económica, é frecuente o recurso a solucións con vigotas de formigón preesforzado, preenchidas con bovedillas en materiais cerámicos ou outros materiais compostos.