La Opinión Liberal
Aparencia
La Opinión Liberal | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Opinión Liberal foi un periódico editado en Ourense entre 1886 e 1887.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Apareceu en novembro de 1886. Saíu dúas veces á semana, os mércores e sábados. Órgano de Adolfo Merelles Caula, estaba dirixido por Luciano Cid Hermida. Incluíu información xeral e local, notas bibliográficas, artigos culturais e poemas en galego. Amosou interese polos problemas do campesiñado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. ISBN 84-505-5721-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 360-361. ISBN 84-8288-137-X.