José Cividanes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1865 Vigo, España |
Morte | 11 de xullo de 1937 (71/72 anos) Marín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Cividanes Álvarez, nado en Vigo en 1865 e finado en Marín o 11 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi avogado en Vigo. Foi nomeado avogado do Estado, exercendo primeiro na provincia de Ourense (1896) e dende 1901 na provincia de Pontevedra. O 25 de decembro de 1931 participou no acto de fundación do partido Unión Regional de Derechas de Pontevedra celebrado no Teatro Principal da capital no que foi nomeado Presidente da Xunta Directiva e da que tamén formaban parte Tomás Abeigón Pazos coma Viceresidente e Víctor Lis Quibén coma Secretario.[1]. Finou en Marín o 11 de xullo de 1937.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Rosa Patiño Lima.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 198. ISBN 978-84-8457-448-4.