Saltar ao contido

José Antonio Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Marcos
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Cangas del Narcea, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

José Antonio Marcos, nado en Asturias en 1958, é un periodista asturiano.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Os seus primeiros pasos profesionais deunos en medios de prensa escrita, incorporándose en 1978 a La Voz de Asturias, de onde pasou a Avisos de Tenerife, ata que en 1981 inicia a súa traxectoria na radio. Neste medio desenvolveu practicamente toda a súa carreira.

En 1981 ingresa na Cadena SER. Un ano máis tarde foi asignado ós servizos informativos. Durante ese tempo foi director dalgúns dos espazos máis emblemáticos da emisora, como Matinal SER (1988-1989), Hora 20 (1989-1993), director dos informativos de fin de semana (1993-1994) ou subdirector e presentador de Hora 25 (1994-1996).

Dende 1996 está á fronte do informativo Hora 14, que é líder de audiencia.[1]