Isidoro Rodríguez Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Isidoro Rodríguez Pérez, nado no barrio de Magoi (Lugo) en 1958[1], Enfermeiro de profesión, profesor universitario e un especialista en folclore galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa infancia transcorreu entre Lugo e Portomarín onde ten a súa casa petrucial. Trala Diplomatura en Enfermaría, licenciouse en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, onde posteriormente realizou a súa tese de doutoramento "Os modelos culturais de enfermaría:unha alternativa ao exercicio da profesión" . É profesor na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.
Dende 1975 forma parte da Agrupación Cantigas e Flores de Lugo. Así mesmo, foi un dos membros fundadores e o presidente da Asociación de Profesores de Baile Tradicional Galego e membro fundador da Agrupación Folclórico Cultural Reviravolta. Tamén preside o Colectivo Cultural María Castaña de Lugo.
En 2013, foi un dos membros fundadores da Academia de Enfermaría de Galicia, institución que preside dende o ano 2018.
Obra
[editar | editar a fonte]- Método de baile galego I (iniciación) (Ophiusa, 1995) (en colaboración)
- A etnografía e o folclore galego na educación artística (2004).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil do docente na páxina web da USC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Isidoro Rodríguez Pérez, na páxina web Lugo Patrimonio.
- Isidoro Rodríguez Pérez en Galegos Galiciadixital