Saltar ao contido

Floruit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Throckmorton, Esq., floruit 1609, pai de Sir Robert Throckmorton, 1º Baronet (1599-1650).

Floruit (a miúdo abreviado fl. ou flor.) é unha voz proveniente do latín, a terceira persoa de singular do pretérito de indicativo do verbo florere 'florecer, prosperar'.

Emprégase para facer referencia a un período de tempo durante o cal unha persoa se atopaba nunha etapa florecente, unha escola, un movemento ou mesmo unha especie biolóxica, e úsase cando non se coñece con seguridade nin a data de inicio (nacemento, formación, creación etc.) nin a data de finalización (morte, ruptura, destrución etc.), só algúns fitos que amosan a actividade de tal persoa, escola, movemento ou especie.

O uso desta expresión comezou entre os gregos, onde se facía referencia á idade das celebridades (políticas, literarias, filosóficas) tendo en conta só o momento no que acadara o cumio (ἀκμή transliter. akmé ou acmé) da súa actividade, que en xeral se asociaba a un evento determinado (os Xogos Olímpicos, o acceso ó poder dun gobernante etc.).