Saltar ao contido

Fiscalía Provincial de Taxas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fiscalía Provincial de Taxas foi unha institución franquista creada para regular o mercado de produtos de primeira necesidade en 1940.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Creadas pola Lei de Taxas de 30 de novembro de 1940, formaban parte do entramado institucional organizado polo Estado franquista para a regulación do mercado de produtos de primeira necesidade durante a época do racionamento. Ocupábase de recibir as denuncias de infraccións da Lei de Taxas (venda de produtos a prezos superiores ao establecido, etc.) e de aplicar as sancións correspondentes. Os Fiscais Provinciais dependían do Fiscal Superior de Taxas e eran nomeados directamente pola Presidencia do Goberno a proposta do Fiscal Superior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]