Ficheiro:Sofía Toro, agasallada no Concello de Ribeira (8651302203) (cropped).jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficheiro orixinal(733 × 905 píxeles; tamaño do ficheiro: 146 kB; tipo MIME: image/jpeg)

Resumo

Descrición

A campioa olímpica de vela Sofía Toro foi obxecto na tarde do venres, 12 de abril de 2013, dun caloroso recibimento nas instalacións do Club Náutico de Ribeira con motivo da súa visita ao municipio no marco da actividade “Espello Deportivo”: un programa promovido pola Rede de Dinamización Lingüística –rede da que o Concello de Ribeira forma parte que depende da Secretaría Xeral de Política Lingüística- e a Deputación de A Coruña, que busca divulgar o deporte e a cultura galega e expresar un compromiso co uso da nosa lingua.

A olímpica foi presentada polo actor e director Ruben Riós (quen fora pregoeiro nas últimas festas de agosto de Ribeira), nun acto que contou coa participación de distintas autoridades (como o alcalde e deputado provincial Manuel Ruiz Rivas e o presidente do Club Náutico, José Antonio Ventoso Mariño) e a asistencia de ducias de veciños e veciñas que non se quixeron perder o extraordinario acontecemento.

Rubén Riós exerceu de presentador e condutor dun evento no que, ademais dunha proxección audiovisual sobre a traxectoria deportiva de Sofía Toro, con especial fincapé na medalla de ouro conquistada en Londres 2012, acolleu un animado coloquio entre regatista e público, na que a campioa deu conta, entre outros asuntos, dos valores que son precisos para alcanzar unha meta e as dificultades que hai sortear, as emocións que sentiu no momento en que se proclamou campioa olímpica, como está a enfocar a súa preparación para os Xogos de Río e en que se materializa o seu compromiso con Galicia e a súa cultura.

Tras unha entrega de agasallos e a firma da protagonista no libro de honra do Club Náutico, o acto rematou cunha rolda de fotografías de Toro e Riós co público que se quixo retratar son eles.
Data
Orixe Sofía Toro, agasallada no Concello de Ribeira
Autoría Certo Xornal from Ribeira, Galicia, España
Outras versións
proceso de extracción de imaxe
Este ficheiro foi extraído destoutro
: Sofía Toro, agasallada no Concello de Ribeira (8651302203).jpg
ficheiro orixinal

Licenza

w:gl:Creative Commons
recoñecemento compartir igual
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.
  • compartir igual – Se altera, transforma ou amplía este contido, debe publicar as súas contribucións baixo a mesma licenza ou outra compatible á orixinal.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual20 de abril de 2017 ás 14:51Miniatura da versión ás 14:51 do 20 de abril de 2017733 × 905 (146 kB)BanjoFile:Sofía Toro, agasallada no Concello de Ribeira (8651302203).jpg cropped 50 % horizontally and 53 % vertically using CropTool with precise mode.

Non hai páxinas que usen este ficheiro.

Uso global do ficheiro

Os seguintes wikis empregan esta imaxe:

Metadatos