Fernando I, Duque de Bragança
Fernando I, nado en 1403 e finado en Vila Viçosa en 1478, foi o segundo Duque de Bragança, segundo fillo do primeiro duque Afonso I. Sucedeu no ducado por morte do seu pai, en 1464.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo neno, o avó cedeulle o condado de Arraiolos, e recibiu despois os títulos de conde de Barcelos, conde de Neiva, fronteiro-mor do Reino, e aínda Afonso V nomeouno marqués de Vila Viçosa (1455). Tomou parte na expedición de Tánxer, para ser máis tarde gobernador de Ceuta por dúas veces.
Acompañou a Afonso V en expedicións ao norte de África, con tanta gallardía que o soberano lle fixo a honra de elevar Braganza á categoría de cidade. Foi rexente do Reino en 1471, cando o rei partiu para a conquista de Arzila.
Casamento e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou en 1429 con Xoana de Castro, filla de Xoán de Castro, señor do Cadaval, e logo con Filipa de Melo. Tivo os seguintes descendentes:
- Fernando II, 3 º duque de Braganza morto en 21 de xuño de 1483. Duque de Bragança e conde de Arraiolos nomeado por Afonso V de Portugal.
- Xoán, Marqués de Montemor-o-Novo, nado en 1471.
- Afonso, conde de Faro e de Odemira, nomeado en 1496 por Afonso V de Portugal, de quen descende o conde de Vimieiro.
- Álvaro de Bragança, señor de Tentúgal, A Pobra, Buarcos e Cadaval, tamén chamado Álvaro de Portugal-Bragança, naceu en 1439 e morreu en 1504 en Toledo, sepultado en Évora.