Fear of Music é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de New WaveTalking Heads, editado o 3 de agosto de 1979 a través do selo Sire Records. Foi gravado en varios lugares de Nova York entre abril e maio de 1979, e foi producido pola banda e por Brian Eno. O disco entrou na lista Billboard 200 no número 21, e chegou ao 33 da lista británica de álbums. Tres temas foron publicados como sinxelos entre 1979 e 1980: "Life During Wartime", "I Zimbra" e "Cities". O álbum foi certificado ouro nos Estados Unidos en 1985.
Fear of Music recibiu recensións favorables da crítica. As louvanzas centráronse sobre todo nos seus ritmos pouco convencionais e as interpretacións líricas do líder David Byrne. O disco adoita a ser considerado un dos mellores de Talking Heads. No ano 2006 foi remasterizado e editado con catro cancións extra.
O LP orixinal acredita todos os temas a David Byrne agás "I Zimbra". Despois das queixas dos outros membros, os créditos foron trocados para os que aparecen arriba nas edicións en CD posteriores.