Saltar ao contido

Estadio Municipal de La Línea de la Concepción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Municipal de La Línea de la Concepción
Datos
Coordenadas36°09′31″N 5°20′25″O / 36.1585, -5.34025
LocalizaciónLa Línea de la Concepción (Provincia de Cádiz)
Construción
Inauguración15 de outubro de 1969
Estadio
SuperficieCéspede artificial
Dimensións105x70
Capacidade20.000
PropietarioConcello de La Línea de la Concepción
LocalíaReal Balompédica Linense
Eventos
Partido oficial para a clasificación do mundial de México 1970 entre España e Finlandia.
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Municipal de La Línea de la Concepción é un estadio de fútbol español da cidade andaluza de La Línea de la Concepción (Cádiz), e serve como localía á Real Balompédica Linense. Inaugurado o 15 de outubro de 1969, ten capacidade para 20.000 espectadores e desde 2009 é de céspede artificial.

Foi construído en 1969 cun esmerado deseño que o dotou dunhas magnificas características técnicas. Co paso dos anos a deterioración das instalacións fíxoo incómodo e anticuado. Nunha remodelación parcial das súas instalacións, realizada no 2003, acondicionáronse os locais pertinentes para situar neles a sede da Real Balompédica Linense á vez que se construíu unha cafetería e un restaurante. A mediados de 2009 comezou a implantación dunha superficie de céspede artificial no feudo balono, polo cal, o equipo tivo que disputar o seu primeiro encontro como local no municipal de Los Barrios.

No estadio sitúase a sala de trofeos do club, chamada sala de Trofeo Francis Negrón, e as salas de prensa e oficinas.

O aforamento da instalación é aproximadamente de 4.500 espectadores en tribuna, 6.000 en preferencia, e 4.500 en cada fondo; en total aproximadamente uns 19.500 espectadores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]