Escudo da República Dominicana
Aparencia
Escudo da República Dominicana | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | República Dominicana |
Adoptado | 6 de novembro de 1844 (alterado cando menos 20 veces) |
Divisa | "Dios, Patria, Libertad" (Deus, Patria, Liberdade) |
O escudo de armas da República Dominicana é case unha reprodución da bandeira estatal. Creouse como resultado da proclamación da independencia (1844) e dende entón sufriu numerosas modificacións (hai evidencias da existencia de catorce modalidades diferentes). Os do primeiro período teñen elementos comúns co escudo haitiano, como o sombreiro frixio e as armas. O que presenta algúns elementos máis achegados ó escudo usado neste momento é de 1857. O actual foi deseñado por Casimiro Nemesio de Moya e oficializado por decreto o 6 de febreiro de 1913 polo goberno do presidente Adolfo Alejandro Nouel.