Descrición literaria
Aparencia
A descrición literaria é un tipo de descrición cuxas intención é estética procuran transmitir impresións ou sentimentos do que se describe utilizando todas as posibilidades da lingua para crear novas dimensións significativas.
Características
[editar | editar a fonte]A súa estrutura é máis flexible que na descrición técnica: o escritor/escritora ten máis liberdade para ordenar os materiais. Ás veces prefírese un criterio espacial (de arriba a abaixo, de esquerda a dereita) e outras veces elíxese un criterio de organización lóxica ( do concreto ao abstracto, do relevante ao secundario, do físico ao moral). a súa finalidade é múltiple: caracterizar unha personaxe, crear unha atmosfera, conseguir expectación, romper o ritmo narrativo...
Trazos distintivos:
- É unha descrición connotativa, o emisor plasma o que lle suxire o obxecto, utiliza como recursos lingüísticos e expresivos: un léxico poético, adxectivos explicativos e/ou epítetos, comparacións, metáforas e verbos en presente e copretérito.
- Subxectividade, ofrécese unha visión persoal do obxecto, para o cal emprega un léxico connotativo e unha adxectivación explicativa e valorativa.
- Expresividade, seleccionando o que se considera destacable e significativo, sen enumerar datos.
- Finalidade estética, linguaxe ambigua con presenza de metáforas, personificacións, comparacións, incluso esaxeradas. Utiliza tamén a animalización e a cousificación nas persoas.