Curia Ducis
A expresión latina curia ducis (literalmente, curia do duque) indica un órgano político-administrativo dedicado ao desempeño dalgunhas funcións políticas nas cidades italianas do medievo, gobernadas en forma de ducado. A institución, que se remonta aos ducados longobardos, sobreviviu e desenvolveuse sobre todo na República de Venecia.
Ducados longobardos
[editar | editar a fonte]Unha curia ducis existiu en distintas cidades italianas, sobre todo nas que foron sedes de duques longobardos.
Por exemplo, a curia ducis de Milán, que se cadra se remonta a Alboíno, estaba situada preto da piazza Cordusio, mentres que a de Brescia, segundo unha tradición que se remonta a Malvezzi (1729), foi construída polo primeiro duque, Alachis. No que atinxe á posición desta última, nos traballos de escavación da actual Piazza della Vittoria (Brescia), que tiveron lugar nos anos trinta do século XX, atopáronse restos dun edificio cunha ampliación anexa de época tardoantiga ou altomedieval. Segundo Brogiolo (1993) poderían ser asociados a un palacio público construído en época ostrogoda e despois volto a empregar polos longobardos[1].
República de Venecia
[editar | editar a fonte]No ordenamento xudicial máis antigo do Ducado de Venecia a Curia ducis era o órgano destinado a asistir ao Dogo na administración da xustiza. A curia compúñase de iudices provenientes da clase patricia e participaban non só nos placita, senón tamén nas decisións políticas e administrativas.
Co declive do poder ducal e a formación progresiva da República de Venecia, a Curia ducis veu redimensionado o seu papel e evolucionou nas seis Cortes de Palacio, maxistraturas con simples funcións xudiciais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cfr. Gian Pietro Brogiolo (1993). Società Archeologica Padana, ed. Brescia Altomedievale. pp. 55–65. ISBN 888711501X. a que á súa vez se refire Jacopo Malvezzi (1729). "Chronicon Brixianum ab origine urbis usque ad annum". Rerum Italicarum Scriptores XIV. pp. 773–1004.