Crónica Ovetense
Aparencia
A Crónica Ovetense (tamén chamada A Sebastián, Erudita ou Sebastianense) é unha das versións existentes da Crónica de Afonso III, xunto a Rotense. Trátase dun documento histórico ou crónica que abarca a historia desde o reinado de Wamba, rei visigodo, ata o final do reinado de Ordoño I. O motivo da súa creación, ao igual que o resto de crónicas de Afonso III, é a de presentar aos reis ovetenses e ao reino cristián, como sucesores directos dos reis visigodos e do seu estado, para poder lexitimizar a conquista de novas terras pertencentes aos musulmáns.