Cryptograms
Cryptograms | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Deerhunter | ||||
Publicado | 29 de xaneiro de 2007 | |||
Gravación | 2005 | |||
Duración | 48:24 | |||
Xénero(s) | indie rock, shoegazing, ambient | |||
Selo(s) | Kranky Records | |||
Produtor | Chris Bishop | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Cryptograms é o segundo álbum da banda estadounidense de indie rock Deerhunter, publicado o 29 de xaneiro de 2007 a través do selo Kranky Records. Tras o lanzamento en 2005 do seu álbum de estrea Turn It Up Faggot, Deerhunter comezou a gravar material para o seu seguinte traballo no estudio Rare Book Room de Nova York. Estas sesións de gravación iniciais non saíron adiante debido ao estado físico e mental do cantante Bradford Cox, ademais de problemas co funcionamento do equipamento do estudio. A banda regresou a Atlanta, realizando un segundo intento só tras ser animados polos membros de Liars. A versión final de Cryptograms gravouse en dous días separados por meses, dando como resultado dúas partes musicalmente distintas (a primeira máis ambiental e a segunda con máis elementos pop). Cryptograms foi polo xeral ben recibido pola crítica, e varias publicacións situárono nas súas listas dos mellores álbums de 2007.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Música composta por Moses Archuleta, Bradford Cox, Josh Fauver, Colin Mee e Lockett Pundt, agás onde se indique.
- "Intro" – 2:50
- "Cryptograms" – 4:17
- "White Ink" – 4:59
- "Lake Somerset" – 3:49
- "Providence" – 4:08
- "Octet" – 7:50
- "Red Ink" – 3:40
- "Spring Hall Convert" – 4:29
- "Strange Lights" – 3:38 (música de Lockett Pundt)
- "Hazel St." – 3:48
- "Tape Hiss Orchid" – 1:12
- "Heatherwood" – 3:37