Crebacabezas
Aparencia
Un crebacabezas (tamén denominado co termo inglés puzzle) é un xogo de mesa cuxo obxectivo é formar unha figura combinando correctamente as partes desta, que se atopan en distintos anacos ou pezas planas. Foi inventado en 1762 polo londiniense John Splisbury pero ao principio era demasiado caro. Un século máis tarde, Milton e McLaughlin Bradley comezaron a fabricalos en serie.