Coda (álbum de Led Zeppelin)
Coda | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Led Zeppelin | ||||
Publicado | 19 de novembro de 1982 | |||
Gravación | 9 de xaneiro de 1970 a 21 de novembro de 1978 | |||
Duración | 33:04 | |||
Xénero(s) | Hard rock, Blues rock | |||
Selo(s) | Swan Song Records | |||
Produtor | Jimmy Page | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Coda é o noveno álbum de estudio (considerado como disco póstumo) da banda británica Led Zeppelin, editado en 1982.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O álbum é unha colección de cancións non utilizadas durante a carreira de doce anos do grupo. Foi publicado dous anos despois da súa disolución oficial e a morte do batería John Bonham.
O contrato do grupo con Atlantic Records obrigábao a publicar un novo disco, mais os músicos non desexaban que o posto do recentemente falecido batería o ocupase outro, preferindo manter a formación clásica, polo que optaron por sacar un álbum con gravacións antigas descartadas e sobrantes dos discos anteriores.
Nome e portada
[editar | editar a fonte]Coda é o nome que recibe a pasaxe coa que remata unha peza musical[1]. A portada foi deseñada polo estudo Hipgnosis[2], sendo o quinto álbum realizado para Led Zeppelin; as catro letras que forman o título do disco recordan a tipografía utilizada para as luces de neon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coda.
- ↑ "Coda - album 1982".