Club Patín Cibeles
Club Patín Cibeles | |
---|---|
Cidade | Oviedo |
Fundado | 1953 |
O Club Patín Cibeles, fundado e 1953 e disolto en 1987, foi un equipo español de hockey sobre patíns, da cidade de Oviedo.
Foi o primeiro equipo de fóra de Cataluña en gañar a Copa do Rei, en 1980, tras derrotar 4-0 ao FC Barcelona na final disputada en Salamanca. Ao ano seguinte, en 1981, o Cibeles proclamouse subcampión da Recopa de Europa.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1974 ascendeu por vez primeira á máxima categoría de hockey sobre patíns de España, entón denominada División de Honra, ao clasificarse en segundo lugar da Primeira División. As súas clasificacións na máxima categoría foron as seguintes:
Ano | Posto |
1975 | 9 |
1976 | 11 |
1977 | 6 |
1978 | 10 |
1979 | 6 |
1980 | 9 |
1981 | 7 |
1982 | 3 |
1983 | 7 |
1984 | 9 |
1985 | 4 |
1986 | 10 |
1987 | 6 |
En 1987 o Cibeles clasificouse sexto na liga de División de Honra, e xogou o seu último partido no Palacio dos deportes de Oviedo derrotando ao Noia por 11 goles a 0. O último gol do Cibeles marcouno Lolo Paredes. O día 3 de xuño desaparece o C.P. Cibeles.[1]
Uniforme
[editar | editar a fonte]O uniforme titular do equipo estaba comprendido por unha camiseta vermella, un pantalón azul e unhas medias vermellas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1980: Campión Copa do Rei
- 1981: Subcampión Recopa de Europa, Subcampión Copa do Rei.
Ademais, o Cibeles participou dúas veces na Recopa de Europa e tres na Copa da CERS.