Saltar ao contido

CASA C-201 Alcotán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CASA C-201 Alcotán
Tipotransporte militar
FabricanteCASA
Primeiro voo11 de febreiro de 1949
Principais usuariosExército do Aire de España
Unidades construídas11

O CASA C-201 Alcotán foi un avión de transporte militar bimotor dos anos 50 construído por CASA para o Exército do Aire de España. O proxecto iniciouse en 1946 co contrato entre o Ministerio do Aire de España e CASA para desenvolver dous prototipos, voando o primeiro deles o 11 de febreiro de 1949.[1]

Debido aos illamento ao que estaba sometido España e aos problemas económicos do país CASA non puido conseguir motores para o Alcotán, e en 1962 existían 96 unidades completadas agardando motores que tiveron que ser desguazadas.[2]

  1. Escudero, Antonio Morales. "Primer vuelo del CASA C-201 Alcotán". Museo del Aire (en castelán). Consultado o 2024-04-13. 
  2. Escudero, Antonio Morales. "El 11 de abril de 1963 se daba de baja el último CASA C-201 Alcotán". Museo del Aire (en castelán). Consultado o 2024-04-13.